Novas

Máis novas

Comezan as obras de acondicionamento do parque da urbanización Taboada Roca

27/02/2018. Os traballos comezaron coa retirada de todos os xogos deteriorados no parque infantil así como o peche perimetral de madeira que se atopaba moi deteriorado. A maiores desta actuación tamén se instalarán dúas pistas de pádel

MELIDE 27 de febreiro de 2018.- O Concello de Melide comezou na xornada de onte as obras de acondicionamento do parque da urbanización Taboada Roca. Consistirá na rehumanización do parque situado neste lugar dotándoo de equipamento adecuado e a instalación das pistas de pádel, que se atopaban anteriormente no parque Rosalía de Castro.

Trátase dun proxecto innovador e restaurador do terreo cercano á piscina climatizada de Melide que ata o momento se atopaba en condicións “pouco aceptables para o xogo infantil”, explica Dalia García, alcaldesa de Melide. Estas melloras supoñerán un investimento de 117.000 euros cos que se restaurará este parque con elementos novos, eliminando os que na actualidade estaba moi deteriorados, así como tamén se colocará caucho no pavimento en vez da area que posuía anteriormente. Tanto o pavimento como os novos elementos do parque estarán homologados, con zonas diferenciadas para distintas idades, feito que incrementará a seguridade dos máis pequenos e fará máis atractiva a propia área deportiva que o Concello de Melide quere realizar nesta zona.

A maiores do parque infantil, tamén se instalarán as pistas de pádel que actualmente se atopaban no parque Rosalía de Castro, creando así un espazo multideportivo e totalmente novo, incrementando o abano de posibilidades deportivas dos veciños e veciñas de Melide.  As obras terán un período de execución de tres meses.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, explicaba que “con esta reubicación das pistas de pádel e restauración total da parcela do parque infantil que actualmente se encontraba case en estado de abandono, a rehumanización do espacio e a concentración de oferta deportiva para as familias medra nun entorno residencial privilexiado en Melide”.  




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp