Novas

Máis novas

Melide será a sede da III Copa FGF Terceira División Fútbol Sala o vindeiro fin de semana

23/04/2017. Dende o sábado 29 de abril ás 18.00 horas ata o domingo 30 ás 14.00, o polideportivo da Martagona acollerá probas entre importantes equipos de Fútbol Sala coma o Vilalba Fútbol Sala, Sociedade Deportiva Pazos de Borbén Fútbol Sala, AcademRedBlue5Coruña e Fútbol Sala Ourense ou Bembrive F.S.

Melide será a sede escollida pola Federación Galega de Fútbol para a III Copa FGF Terceira División; o evento terá lugar o sábado 29 e o domingo 30 no pavillón polideportivo da vila. Os equipos participantes na final da copa son o Vilalba F.S, a S.D Pazos de Borbén F.S, AcademRedBlue5 Coruña, o F.S Ourense 2014 así como o Bembrive F.S. 

Todos estos equipos daránse cita en Melide para levar a cabo unha competición que en palabras da Alcaldesa melidense, Dalia García, supoñen un aliciente para a afección que na nosa vila hai a este deporte, co ánimo de que ano a ano o alumnado das Escolas Deportivas de Melide así como o público en xeral poida desfrutar tanto practicando como vendo este deporte. A plantilla dos partidos iniciarase pola tarde do sábado 29 de abril e rematará a final cos equipos participantes o domingo día 30 de abril. 

Dende a Concellería de Deportes, fronte a cal se encontra a edil Dolores Gómez, subliñan o agradecemento pola colaboración constante da Federación Galega de Fútbol Sala co Concello de Melide grazas a cál as nosas instalacións deportivas poden acoller eventos destas características. Por outro lado, convídase ao público en xeral a participar na final da copa, de entrada totalmente gratuíta, co fin de que o público familiar poida asistir a este evento deportivo. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp