Novas

Máis novas

Melide reforza o o seu servizo de Protección Civil coa achega dun desfibrilador

14/02/2018. A alcaldesa de Melide, Dalia García, acompañada do xefe de Protección Civil de Melide, Juan Curros, e varios voluntarios da agrupación de voluntarios recibiron hoxe na Estrada un desfibrilador para reforzar o servizo de Emerxencias

MELIDE 14 de febreiro de 2018.- A alcaldesa de Melide, Dalia García e Juan Curros, xefe de Protección Civil da vila, asistiron na mañá de hoxe ao acto de entrega de desfibriladores que a Xunta de Galicia celebrou na Axencia Galega de Seguridade na Estrada. Ao acto tamén asistiu o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña que fixeron entrega dun total de 157 desfibriladores a outros tantos concellos entre os que se atopaba Melide.

Alfonso Rueda e Jesús Vázquez Almuiña, entregaron este novo equipamento aos representantes municipais e os efectivos dos distintos corpos de emerxencias, co fin de que os concellos galegos poidan contar cos mellores equipos de resposta ante unha emerxencia.

O obxetivo deste entrega de desfibriladore aos corpos de bombeiros comarcais, GES e Protección Civil, é seguir na senda da aposta continua do Goberno galego por reforzar a resposta ante posibles emerxencias que poidan ocorrer en calquera punto da nosa comunidade.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, explicaba que “unha vez máis agradecemos a Xunta de Galicia o seu apoio aos servizos de emerxencia dos concellos, que supón de novo que Melide mellore no servizo que presta aos veciños e veciñas co adquisición deste DESA por parte de Protección Civil”. Ao mesmo tempo, a rexedora melidá engadía que “este non é máis que o primeiro paso, xa que estamos estudando dispoñer destes DESA noutras instalacións públicas do Concello de Melide para seguir incrementando a seguridade da nosa veciñanza, xa que somos coñecedores da necesidade de seguir sumando neste ámbito”.

Ao mesmo tempo, dous voluntarios de Protección Civil de Melide, achegáronse ata o acto da Estrada de entrega dos DESA, onde, con posterioridade, participaron nun curso formativo sobre a utilización destes desfibriladores.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp