Novas

Máis novas

O espectáculo de Mamá Cabra visita Melide

28/12/2017. A cita será ás 19h da tarde mañá venres na casa da cultura, a entrada será de balde con invitación

MELIDE 28 de decembro de 2017.- Dentro da programación de Nadal do Concello de Melide, mañá venres 29 de decembro a casa da cultura acollerá ás 19h da tarde o espectáculo Paxaro Amigo: Músicas para a paz.

Trátase dun espectáculo dirixido a toda a familia onde os máis cativos poderán participar no musical desenvolvemento as súas capacidades motrices e movementos coordinados a través do “bailSuse” para adquirir novos hábitos saudables. Durante máis dunha hora pequenos e maiores gozarán dos ritmos pop, rock e funk de Mamá Cabra. Será unha función cargada de mensaxes que inciden en construír un mundo mellor e máis xusto.

A entrada é totalmente gratuita pero para poder asistir é necesario ter unha invitación que pode conseguirse nas tendas R, en Melide situada na rúa Convento, 21.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp