Benvida da Alcaldesa
Melide, cerne de Galicia, dáse a coñecer ao mundo a través deste Portal Web mostrando o mellor de si.
Agora máis ca nunca, nestes tempos de crise ten por diante unha tarefa fundamental e prioritaria: ser pioneira en resolver e dar a coñecer os problemas dos veciños mediante unha acción transparente e inmediata.
Para tal fin, Mª Ánxeles Vázquez Mejuto será a encargada de dirixir a orquestra e facer realidade aqueles obxectivos expostos dende un principio para que Melide este no lugar que se merece.
Melidense, nacida na primavera de 1972 é licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, casada e con dous fillos, a súa andaina política comezou dende moi nova coa súa militancia en Novas Xeracións do Partido Popular para progresar a ritmos acelerados sendo concelleira e posteriormente alcaldesa de Melide.
A austeridade orzamentaria xunto cunha acción coordinada entre Concello e demandas cidadáns son a fórmula perfecta para unha nova xestión local. Para isto é imprescindible a rapidez que outorga a rede, un camiño de auto resposta a partir do cal os veciños de Melide poden coñecer, xestionar e tramitar o que acontece día a día no seu Concello.
Esta páxina web pretende ser unha xanela aberta a todos os veciños e veciñas onde o Concello é a paisaxe a contemplar. Historia, símbolos, signos, tradicións, gastronomía e camiño de Santiago serán os ingredientes axeitados para un cóctel que convide ao desfrute de todos os sentidos.
Benvidos a súa casa.
Benvidos ao Concello de Melide.
Ánxeles Vázquez, Alcaldesa de Melide
Concello de Melide
Praza do Convento, 5
15800 Melide
Tfno: 981 50 50 03
Fax: 981 50 62 03
alcaldia@concellodemelide.org