Concello de Melide

Grobas

Poboación: 58 habitantes
Lugares: Cuíña de Abaixo, Cuíña de Arriba, O Formigueiro e Grobas.
Día da festa: Santa María

Na parroquia de Santa María de Grobas existiu un castelo da mitra compostelá , do que aínda se descoñece case todo. Na carballeira de Grobas hai unha capela, construída a comezos de século polas misións dos Padres Pasionistas de Melide, e na que se celebran as funcións pola festa da Santa Cruz.
A Casa Grande dos Grobas é da familia Salgado, ten unha planta rectangular con patio pechado, muro e portada. Destaca no conxunto desta construción o hórreo de 7 estremas, das cales 3 foron engadidas nunha segunda fase.
{*imx_titulo}

Capela de Gobras entre carballos

xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion