Furelos
Poboación: 248 habitantes
Lugares: Furelos, Petos, Piñor e Vilanova
Día da festa: San Xoán.
Falar de Furelos é falar de Camiño de Santiago e de aproveitamento paisaxístico. Furelos colle o seu nome do río que a atravesa, e onde se atopa unha área recreativa de grande afluencia no verán. Tamén o Camiño deixa cada día a súa pegada nesta parroquia, que conserva un dos tesouros patrimónicos da arquitectura civil do concello e de todo o Camiño de Santiago: a ponte medieval, do século XII.
Ponte de Furelos
Patrimonio