Infraestruturas
Sendo cabeceira de comarca dunha das áreas máis dinámicas do interior do país, o Concello de Melide precisa de forma urxente un programa de actuacións sobre a vertebración viaria dos núcleos que o compoñen e dos concellos veciños.
Esta mellora pasa pola inmediata actuación sobre a
estrada provincial que une Melide co concello de Santiso a través da parroquia de San Martiño das Varelas. É intención do goberno municipal axilizar a execución deste proxecto, dependente da Deputación da Coruña, a fin de que se poidan comezar os trámites de expropiación ao longo do ano 2008. Por outra banda, a vertebración infraestrutural da comarca non estaría completa se non se mellora tamén a vía de comunicación co concello de Sobrado.
A maiores, para o equipo de goberno é fundamental a revisión a fondo de todas as pistas que unen o rural de Melide co seu núcleo urbano. Viais que é preciso mellorar, tanto para as
conexións co centro como nos treitos internos das aldeas, sobre os que o equipo de goberno municipal ten previsto acometer melloras que atinxen tanto ao firme como ao desbrozamento e a mellora dos accesos.
Ademais, tendo en conta a situación estratéxica do concello de Melide, o equipo de goberno apostará polo aumento do solo industrial, a fin de que ter un bo reclamo para que as empresas se asenten en Melide e se contribúa así ao
fomento do emprego.
Atención ás infraestruturas viarias
O goberno programa actuacións sobre a vertebración viaria dos núcleos do Concello.