Concello de Melide

Benestar

Como na maior parte dos concellos galegos, a poboación de Melide vén experimentando nos últimos anos unha tendencia ao avellentamento.

O equipo de goberno municipal ten entre as súas prioridades ofrecer unha atención prioritaria nos servizos sociais, cubrindo as demandas máis urxentes e avanzando en proxectos do eido social que se atopaban paralizados.

É o caso da residencia de maiores e do centro de día, un edificio que o actual goberno herdou xa rematado mais carente de equipamento interior. Por iso, é tarefa urxente para o equipo de goberno dinamizar este servizo, adheríndose en primeiro lugar ao Consorcio Galego de Servizos Sociais, entidade desde a cal se garante unha xestión áxil e útil dos servizos sociais de Melide.

A poboación de máis idade de Melide ben merece ver rematada unha obra que será a infraestrutura de referencia da atención á terceira idade no Concello.

Por outra banda, no eido dos servizos sociais, o goberno municipal traballará na eliminación de barreiras arquitectónicas e prexuízos culturais, que dificulten a integración de persoas con problemas físicos ou de integración entre os veciños e veciñas da nosa vila, desde o convencemento de que unha sociedade plural é sempre unha sociedade máis rica. Desde o Centro Social, a concellaría de Benestar Social proxecta un programa de actividades e opcións de lecer especialmente pensadas para os nosos maiores, que van máis aló dunha acción puntual, ao desenvolveranse ao longo de todo o ano a través de actividades diversas e continuadas.
xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion