Campamentos de verán 2012
Comeza o prazo de inscrición dos campamentos urbanos de 2012 dende o 25 de xuño de 2012 ata o 3 de xullo de 2012.
Os campamentos urbanos terán lugar desde o 2 de xullo ata o 10 de agosto, excepto o 25 de xullo por ser festivo autonómico, e os campamentos deportivos terán lugar desde o 2 de xullo ata o 20 de xullo de 2012, en horario de 9.00 a 14.00 h de luns a venres.
A inscrición deberá realizarse por escrito en modelo normalizado e presentarse no Rexistro do Concello de Melide xunto coa fotocopia do cartón sanitario do neno/a e o xustificante de pagamento da cota de inscrición. A cota de inscrición deberá ingresarse no seguinte número de conta 0072-0103-82-0000104207 na entidade bancaria Banco Pastor.
Segundo o establecido na ordenanza, o prezo público dos campamentos urbanos e de 15.48 € semana por cada neno/a, tendo en conta o desconto seguinte: aquelas familias, con dous os máis membros inscritos no campamento urbano, terán un desconto do 50% na tarifa de cada membro inscrito a partir do segundo, sempre e cando coincidan nas mesmas semanas.
No momento da inscrición poderá seleccionar as semanas nas que cada neno/a vai participar. No caso de querer darse de baixa ou alta nalguha das semanas, o solicitante deberá cubrir unha solicitude de modificación de datos antes de que comece a semana en cuestión e presentala por Rexistro de entrada no Concello de Melide. De non facel así, non serán efectivas as baixas e, por tanto, non se devolverá a cota de inscrición.
A admisión de nenos/as nos campamentos farase tendo en conta estrictamente a orde de entrada de solicitudes no Rexistro do concello.
Os nenos/as que non consigan praza no campamento quedarán en listaxe de espera tende en conta a orde de entrada das solicitudes no Rexistro. no momento en que se produza alguha baixa tirarase da listaxe de espera respectando a orde de entrada no Rexistro do concello.
No caso de que o neno/a non fose admitido/a nos campamentos, Administración devolverá de oficio a cota de inscrición logo de rematar os campamentos de verán.
aqui el titapartado
aqui el textoapartado
Arriba