Concello de Melide

Melide con Haití

Ante a dolorosa situación que está vivindo o pobo de Haití tralo terremoto do 12 de xaneiro, o Concello de Melide vén de iniciar unha campaña de solidariedade en coordinación co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade na que anima a participar a todos os melidenses. Infórmate nesta web.
Todas as axudas que poidan recibir os haitianos nun momento tan difícil coma este son benvidas. Unha pequena achega individual unirase á solidariedade mundial que se está mobilizando para que Haití volva recuperar a súa vida.

Por iso, o Concello de Melide quere servir de ponte co pobo haitiano, para que todas as mostras de solidariedade que saian dos corazóns dos melidenses cheguen a bo destino e contribúan á recuperación de todo un país e unha sociedade que agora máis ca nunca precisa da nosa axuda.

O Concello de Melide, como membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, quere animar á veciñanza a depositar calquera donativo, por pequeno que sexa, no número de conta que o Fondo ten aberto para este fin.

Todas as persoas que queiran achegar a súa axuda a esta Conta Solidaria poden facelo a través dun número de conta da entidade Caixa Galicia, indicando no asunto "Emerxencia Haití".

Este é o número de conta: 2091.0209.10.3040019000

Número de conta: 2091.0209.10.3040019000


xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion