Campaña de animación á lectura
A Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística, a través da Biblioteca Xosé Vázquez Pintor, pon en marcha unha campaña de iniciación á lectura que terá actividades creativas para o público infantil dende os 4 anos. Enchóupate na lectura co programa de animación da biblioteca!
Os
venres de novembro e decembro teñen na biblioteca de Melide un ulido a lectura.
A Concellaría de Cultura organiza unha campaña de animación á lectura que se desenvolverá no mes de novembro os
venres 20 e 27, e no mes de decembro os
venres 4, 11, 18 e o martes 22.
Nestas sesións, que terán lugar
na Biblioteca Xosé Vázquez Pintor ás 17.30h, realizanse distintas actividades de promoción da lectura a través de encontros divertidos, creativos e ao mesmo tempo lúticos.
Este é o programa. Participa!
Novembro
- Venres 20: "Contos da Vía Láctea", para todas as idades.
- Venres 27: "Obradoiro de escrita creativa", impartido por María Bran, e dirixido para maiores de 5 anos.
Decembro
- Venres 4: "Contos das estacións: conta e canta", recomendado para público de máis de 4 anos.
- Venres 11: "Historias para contar", impartido por María Bran, e para todas as idades.
- Venres 18: "Obradoiro: o adiviñanceiro popular galego", para nenos e nenas de máis de 8 anos.
- Martes 22: Títeres, para todas as idades.
*Todas as actividades serán na biblioteca ás 17.30 horas.
Ás 17.30 h na Biblioteca