Concello de Melide

Punto limpo de Melide

A Concellaría de Medio Ambiente de Melide puxo en funcionamento no mes de setembro o punto limpo municipal, que se atopa ao servizo de toda a veciñanza no Parque Empresarial da Madanela.
QUE É O PUNTO LIMPO?
Os puntos limpos son recintos situados no entorno das cidades, vilas, pobos e aldeas e que teñen o obxectivo fundamental de servir aos cidadáns como centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario.

CALES SON OS OBXECTIVOS DO PUNTO LIMPO?
  • Recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, coma o papel, vidro, metais, etc.
  • Evitar o vertido incontrolado de escombros e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos.
  • Separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente coma os medicamentos, pilas, pinturas, etc.
  • Desenvolver unha tarefa formativa e de concienciación cidadá sobre a importancia da adecuada xestión dos residuos.

ONDE ESTÁ LOCALIZADO O PUNTO LIMPO DE MELIDE?
O punto limpo do Concello de Melide está situado no Polígono industrial da Madanela.

CAL É O HORARIO DO PUNTO LIMPO?
  • Luns, mércores e sábados de 10.00 a 14.00 h
  • Martes e venres de 16.00 a 20.00 h

QUE TIPO DE RESIDUOS PODO LEVAR AO PUNTO LIMPO?
  • Papel e cartón
  • vidro
  • plásticos
  • restos téxtis
  • pilas e baterías
  • tubos fluorescentes
  • sprais e disolventes
  • aceites usados
  • medicamentos
  • radiografías
  • plásticos prodecentes de traballos agrícolas (silos, invernadoiros)
  • terras e cascallos de obra
  • restos de podas
  • electrodomésticos
  • mobles ou colchóns
  • ... e calquera residuo que polo seu tamaño non poida depositarse nos contedores habituais da rúa.

QUE RESIDUOS NON PODO LEVAR AO PUNTO LIMPO?
• Materia orgánica: porque o lixo doméstico xa se recolle nos contedores verdes que podemos atopar nas rúas.
• Residuos industriais de grandes e medianas empresas: porque as grandes e medianas empresas xa teñen establecido un sistema correcto de xestión dos residuos que producen.
• Residuos radioactivos.

COMO FUNCIONA O PUNTO LIMPO DE MELIDE?
Existe unha ZONA DE RECEPCIÓN que está localizada na entrada da instalación e nela sitúase unha caseta para control e información dos usuarios. Aquí, o encargado informará aos usuarios sobre como realizar o depósito de cada un dos residuos e da localización dos diferentes colectores.

Por outra parte, hai unha ZONA DE AMOREAMENTO DE RESIDUOS onde se atopan os diferentes colectores específicos para cada tipo de residuo.

Esta zona dispón de espazo suficiente para levar a cabo as actividades de descarga de residuos, podendo manobrar tanto os vehículos particulares como os vehículos recolledores de residuos.

DEREITOS DOS USUARIOS
  • Poderán depositar no punto limpo os residuos permitidos de xeito separado e sempre que non superen as cantidades máximas establecidas.
  • Ser informado do funcionamento xeral da instalación e coñecer o destino final dos residuos que deposite no punto limpo.
  • Presentar reclamacións e formular suxestións.

OBRIGAS DOS USUARIOS
  • A presentación do DNI do usuario.
  • Documento acreditativo da licenza de obras ou o documento de autoliquidación da taxa correspondente, expedidos polo Concello de Melide cando o depósito corresponda a restos.
  • Licenza de funcionamento cando os aceites vexetais proveñan de establecementos comerciais.
  • Informar ao persoal encargado do punto limpo do tipo e cantidade máxima dos residuos de que pretende depositar.

O horario do punto limpo de Melide é de mañá os luns, mércores e sábados, e pola tarde os martes e venres.


xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion