Lecer para os maiores
Durante todo o ano a Concellaría de Igualdade e Benestar que dirixe Casé Rodríguez organiza distintas actividades de lecer para os maiores. Viaxes, xogos, obradorios, encontros, actuacións musicais e culturais son algunhas das propostas das que podes informarte neste espazo.
O Centro Social de Melide canaliza a maior parte das actividades propostas pola Concellaría de Igualdade e Benestar para a xente maior. Estas son algundas delas:
Obradoiro de manualidades
Dende o
mércores 5 de maio de 2010, todos os
mércores dos meses de maio e xuño desenvolverase no Centro Social un obradoiro de manualidades no que poden participar homes e mulleres de
todas as idades. Coma todas as actividades da Concellaría de Benestar, está tamén será totalmente gratuíta. As inscricións e toda a información sobre este obradoiro, no propio Centro Social.
Obradoiro de teatro
Durante o mes de xaneiro de 2010 está aberto o prazo para que todos os maiores que o desexen se inscriban nun obradoiro de teatro que se desenvolverá no Centro Social. As inscricións tamén neste centro.
Magosto
O día dos magostos, o 1 de novembro, o Centro Social organiza, para todos os seus socios e socias, un magosto gratuíto. Será a partir das
18.30h, e haberá música, baile e castañas para todos.
Circuíto termal no balneario de Pambre
As persoas maiores de Melide teñen a opción de participar no circuíto termal que se desenvolve no balneario de Pambre
dende o 6 de outubro.
Masaxes e acupuntura
Dende o 15 de outubro ábrese o ciclo de masaxes e acupuntura no Centro Social. As persoas interesadas en asistir a este ciclo deberán apuntarse previamente no mesmo centro.
Ximnasia de mantemento
A través das escolas deportivas municipais, as persoas da terceira idade teñen a posibilidade de inscribirse nas clases de ximnasia de mantemento, que se imparten no
Centro Social.
Estableceranse varios grupos, e as clases terán unha hora de duración. O horario fixado nas escolas deportivas para as clases de ximnasia de mantemento é
de 16.30h a 17.30h, de luns a venres.
Bailes de salón
Tamén a través das escolas deportivas, os maiores poden inscribirse nas clases de bailes de salón.
Especificamente para a terceira idade, e no Centro Social, impártense estas clases os
martes e xoves de 18.30 a 19.30h.