Escolas Deportivas 2009-2010
Xa podes inscribirte nas actividades de deporte e lecer do outono. O Concello de Melide ten aberto o prazo para inscribirse nas Escolas Deportivas Municipais 2009-2010, tanto para adultos como para nenos. Infórmate nesta web e participa!
ESCOLAS DEPORTIVAS PARA NENOS
- Actividades:: o Concello de Melide oferta este ano para nenos/as de 3 a 16 anos un total de dez modalidades: fútbol sala, ballet, baile moderno, multiaventura, patinaxe, informática, psicomotricidade, e como novidades nesta edición 2009-2010, iniciación ao circo e pádel.
- Horarios: : podes consultar e descargar a táboa de horarios nesta web.
- Inscricións: no Departamento de Cultura do Concello de Melide. Os pais/nais dos nenos participantes cubirán unha ficha de inscición cos datos principais.
- Prezo: 10 euros por actividade ao mes, que se impartirán en dúas clases á semana de unha hora cada unha.
- Modalidade de pago: unicamente a través de conta bancaria, que deberá ser autorizada polos pais/nais. O pagamento das taxas efectuaranse na primeira quincena de cada mes.
- Baixas: se algún participante quere darse de baixa dalgunha actividade, deberá presentar no Rexistro do Concello un escrito solicitándoo.
ESCOLAS DEPORTIVAS PARA ADULTOS
- Actividades:: o Concello de Melide oferta este ano os adultos un total de oito modalidades: fbailes de salón, batuka, informática, ioga, pintura, ximnasia de mantemento, ximnasia para a terceira idade e ximnasia terapéutica (esta última dirixida ao alumnado do Centro Ocupacional de Melide).
- Horarios: : podes consultar e descargar a táboa de horarios nesta web.
- Inscricións: no Departamento de Cultura do Concello de Melide.
- Prezo: 10 euros por actividade ao mes, que se impartirán en dúas clases á semana de unha hora cada unha.
- Modalidade de pago: unicamente a través de conta bancaria. O pagamento das taxas efectuaranse na primeira quincena de cada mes.
- Baixas: se algún participante quere darse de baixa dalgunha actividade, deberá presentar no Rexistro do Concello un escrito solicitándoo.
Escolas deportivas 2009-2010 para nenos de 3 a 16 anos
Escolas deportivas 2009-2010 para adultos
O prezo de cada actividade é de 10 euros ao mes.