Axudas Xunta e Deputación
A través deste espazo dentro da web do Concello de Melide poderás estar informado/a das convocatorias de axudas máis solicitadas que se publican dende a Xunta, as súas entidades adscritas (fundacións, consorcios,...) e tamén da Deputación da Coruña.
A seguir, seleccionamos algunhas as axudas máis demandadas e que poden ser de maior interese para particulares e asociacións do Concello de Melide.
XUNTA DE GALICIA
- Consellería de Traballo e Benestar: axudas para a promoción da autonomía persoal e da accesibilidade destinadas a persoas de 65 ou máis anos, menores de 65 anos con discapacidade ou persoas en situación de dependencia recoñecida.
As axudas teñen por obxecto:
-Apoiar a persoa con axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria.
-Facilitar as adaptacións funcionais do fogar e a eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda que contribúan a mellorar a autonomía persoal e a previr situacións de dependencia maiores, así como mellorar a súa accesibilidade.
-Adquisición de próteses dentais e audífonos co obxecto de compensar as limitacións funcionais.
O prazo de solicitude estará aberto hasta o 7 de maio.
DOG do 7 de abril de 2010
- Consellería de Educación: axudas a estudantes de FP que realicen estadías formativas no estranxeiro.
Para fomentar a mobilidade transnacional dos alumnos que cursan ciclos formativos de formación profesional, a Consellería de Educación convoca axudas.
Prazo: ata o 19 de setembro de 2009
DOG do 19 de agosto de 2009
- Consellería do Medio Rural: axudas a explotacións leiteiras.
A Consellería de Medio Rural promove axudas de ata 7.500 euros para os propietarios de explotacións leiteiras galegas.
Prazo: ata o 11 de setembro de 2009
DOG do 6 de xullo de 2009
- Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar: axudas por fillos/as a cargo menores de tres anos.
A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar publicou as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para o ano 2009.
Prazo: ata o 14 de maio DOG do 3 de abril de 2009
- Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.
Indemnizacións, de pagamento único, para as mulleres que sofren violencia de xénero e/ou para os/as menores ou persoas dependentes afectadas por este tipo de violencia.
Prazo: ata o 31 de outubro DOG do 16 de marzo de 2009.
- Consellería de Educación: axudas a universitarios que residan fóra de Galicia.
Axudas a estudantes universitarios que teñan que cursar os seus estudos fóra de Galicia, en territorio español, por non estaren implantados no sistema universitario galego.
Prazo: ata o 4 de abril. DOG do 03 de marzo
- Consellería de Vivenda: remate exterior de vivendas rurais
A Consellería de Vivenda e Soloconvoca subvencións a fondo perdido para o remate exterior de vivendas unifamiliares rurais de nova construción.
Prazo: 1 de xullo. DOG do 3 de marzo
- Consellería de Vivenda: rehabilitación de vivendas no rural
A Consellería de Vivenda e Solo convoca axudas para
rehabilitación de vivendas no rural e conxuntos históricos de Galicia.
Prazo: ata o 1 de setembro. DOG do 24 de febreiro.
- Fundación Deporte Galego: axudas para a promoción do Deporte
A Fundación Deporte Galego convoca axudas a clubs deportivos e entidades deportivas sen ánimo de lucro para a participación en competicións oficiais ou o desenvolvemento de actividades deportivas, realizadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2009.
Prazo: ata o 30 de marzo de 2009.DOG do 27 de febreiro.
- Vicepresidencia da Iguladade e do Benestar: axudas a asociacóns xuvenís
Axudas para adquisición de equipamento e actividades programadas por asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude.
Prazo: ata o 28 de marzo
DOG do 17 de febreiro.
DEPUTACIÓN DA CORUÑA