Melide, Lalín, O Carballiño e Monforte uníronse nunha agrupación voluntaria de concellos sen precedentes en Galicia. O obxectivo é organizar actividades comúns e participar en proxectos supramunicipais cos que aforrar custos e dos que obter un beneficio que repercutirá nunha poboación duns 60.000 habitantes, sendo estes catro concellos cabeceiras de comarca.
I Concurso de Fotografía Galicia Central
Unha das primeiras iniciativas da asociación de municipios
Galicia Central foi a convocatoria dun concurso de fotografía, que debía recoller as imaxes máis simbólicas dos catro concellos.
A través desta web podes consultar as bases. O
prazo de presentación estivo aberto dende o 15 de xullo ao 15 de setembro, tempo no que se presentaron un total de
dezaoito traballos.
En que consistiu o concurso?
Cada participante achegou un total de oito fotografías, dúas de cada concello, centradas nos seguintes temas:
- o Camiño de Santiago, para Melide,
- a escultura urbana, para Lalín,
- o río, para Monforte
- o polbo, para o Carballiño.
As imaxes remitíronse ao Concello de Melide, e establecéronse dúas modalidades de premios: individual e por grupo de fotos.
A nivel individual, o primeiro premio ten unha asignación económica de
500 euros, e o mellor grupo de oito fotos de
1.000 euros.
As bases completas do concurso poden consultarse á marxe dereita deste texto.
O xurado do concurso, formado por profesionais da fotografía e represenantes municipais de cada concello reuniuse en Melide o 9 de outubro de 2008. Froito desa reunión resolveuse conceder os premios aos seguintes participantes:
- Premio ao mellor traballo: "A luz, os recunchos", de Alejandro Piñeiro Rodríguez, de Lalín.
- Premio á mellor foto de O Carballiño: "Preparado para o sacrificio", de Nuria Blanco Rodríguez, de Lisboa.
- Premio á mellor foto de Lalín: "Patas de cabalo en Lalín", de Manuel Blanco Guerra.
- Premio á mellor foto de Melide: "E agora, toca esperar", de Guillermo Sotelo Rodríguez, de Monforte.
- Premio á mellor foto de Monforte: "O río Cabe", de Gerardo Porto Laya, de Melide.
Os representantes municipais de Galicia Central entregarán o premio ao mellor traballo a mediados do mes de novembro, nun acto que se desenvolverá en Melide.
Arriba
Imaxe do concurso de fotografía Galicia Central
Presentáronse dezaoito traballos, procedentes das catro provincias galegas e tamén de Portugal.