As Festas
Melide vive a súa semana grande nas datas do San Roque. Durante máis dunha semana, a vila énchese de actividades culturais e musicais, e a súa poboación chega a triplicarse. As
Festas de San Roque celébranse entre o 15 e o 21 de agosto.
O 16 de xullo celébrase en Melide a
festividade do Carme, que se vive cunha grande emoción e devoción á santa. A capela do Carme é durante todo o mes de xullo un auténtico lugar de peregrinación para os melidenses. A organización da festa corre a cargo da Cofradía do Carme, encargada de coidar a capela e recaudar os fondos para a celebración da festa. Centos de persoas descalzas participan na procesión do 16 de xullo en honor á Virxe do Carme.
O segundo domingo de setembro, Melide acolle a
Festa do San Caralampio, tamén coñecida como Festa dos borrachos. O día desta festa, a zona histórica de Melide énchese de xente nova dende primeiras horas da mañá.
Outras festas da vila de Melide son a
Festa de Santo Antón, que se celebra o 13 de xuño, e o
San Pedro: patrón de Melide, o 29 de xuño.
No ano 2008 regresou con forza a celebración das festas de
Corpus, co deseño de arcos e alfombras florais na céntrica praza do Convento.
Alfombra floral
Festa do Carmen
No ano 2008 regresou con forza a celebración das festas de Corpus