Concello de Melide

Medio Rural

Dinamizar o medio rural e revalorizar a moita vida que xa ten é unha das liñas de actuación prioritarias do equipo de goberno de Melide.

O concello está formado por 26 parroquias, polo que o mundo rural é o cerne e o alicerce do que hoxe é Melide.

Neste crisol de realidades distintas, no que cada parroquia e cada lugar ten a súa problemática particular e concreta, o goberno municipal ten por prioridade achegar os servizos, as melloras e todos os avances que se produzan no Concello a cada unha das parroquias, rachando coa histórica diferenza entre o rural e o urbano. Cómpre, por iso, comezar pola dotación de saneamento nas parroquias, a mellora do servizo eléctrico ou imprimir un impulso definitivo aos trámites das distintas concentracións parcelarias.

Para iso, alén dos servizos é preciso tamén poñer en valor a cultura e os costumes que se agochan no rural e para os que o equipo de goberno dirixe un ollar específico. Encher de actividades as antigas escolas e os locais sociais das parroquias, poñelos en marcha naqueles lugares nos que aínda non funcionan, e sobre todo contemplar a participación da veciñanza das parroquias en todas as actividades programadas polo Concello son pasos imprescindibles para a posta en valor dun rural que non se pode deixar esmorecer pola riqueza que atesoura.

Por outra banda, Melide é terra de melindres, de tradicións amasadas coas mans máis doces e co respecto aos devanceiros que asociaron o nome de Melide ao dos exquisitos melindres, ricos e amendoados. A aposta pola repostería tradicional e polos oficios propios desta terra só pode entenderse en clave de continuación e de futuro.

O equipo de goberno traballa neste eido para establecer colaboracións e proxectos comúns co comercio local, potenciando os oficios que nos son propios e as actividades comerciais que se fan en Melide e para Melide.

{*imx_titulo}

Atención á mellora de servizos no rural

Alén dos servizos é preciso tamén poñer en valor a cultura e os costumes que se agochan no rural


xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion