Industria
O incremento de solo empresarial é un paso fundamental para que o tecido industrial de Melide continúe incrementándose, e novas empresas escollan a nosa vila para planificar o seu desenvolvemento industrial.
Un alicerce fundamental para a creación deste tecido industrial no noso concello é a mellora das condicións e dos servizos básicos que se ofrecen ao parque empresarial, o pulmón industrial de Melide. Neste senso, as novas empresas que aterran en Melide, ou as propias do concello que van acadando expansión atoparanse cun parque empresarial en cuxa segunda fase -actualmente en construción- se garantirán servizos de calidade a nivel de comunicacións e desenvolvemento. Nomeadamente, o polígono empresarial de Melide, viveiro de empresas locais e tamén externas, dotarase por vez primeira nesta segunda fase con canles de telefonía de última xeración, así como un notable aumento da potencia no subministro eléctrico, fundamental para que unha empresa poida medrar no seu propio contorno.
O actual equipo de goberno acadou a colaboración da Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, que dirixe a nacionalista Helena Veiguela, a fin de acometer estas melloras nos servizos básicos, indispensables para que Melide se faga un oco nos núcleos industriais do país.
Servizos de calidade en comunicacións
O actual equipo de goberno acadou a colaboración da Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información