Parroquias
O concello de Melide está integrado por vinte e seis parroquias. O casco urbano atópase na parroquia de San Pedro de Melide, e nas demais parroquias debúxase un variado mapa en canto a extensión e número de habitantes, malia que predominan os núcleos pequenos.
As políticas do actual goberno mostran unha especial sensibilidade co eido rural do municipio, que precisa dunha atención constante e un arroupo equiparable ao do núcleo urbano, a fin de rematar coas históricas diferenzas entre as condicións de vida das zonas rurais e as urbanas.
As vinte e seis parroquias de Melide teñen nesta web un recuncho propio. Achégate a coñecelas.
Melide desde o aire
As políticas do actual goberno mostran unha especial sensibilidade sobre o eido rural do municipio