Concello de Melide

Pedrouzos

Poboación: 49 habitantes
Lugares: O Fervedoiro, Pedrouzos, Santa Mariña e Vilaverde
Día da festa: Santa Mariña.

Pedrouzos sitúase a carón da Serra do Bocelo. Nesta parroquia había un castro que lamentablemente foi desfeito hai uns anos. Á beira do río Catasol atópase a aldea do Fervedoiro, na que hai dous muíños á beira do río e unha fonte de auga de moi boa calidade. O propio núcelo de Pedrouzos é unha aldea grande, con varias casas antigas e un lavadoiro na fonte do Regueiro.
{*imx_titulo}

Cruceiro en Pedrouzos


© 2008 Concello de Melide