Concello de Melide

Escolas Deportivas 2011-2012

O Concello de Melide poñerá en marcha o 3 de outubro ás Escolas Deportivas Municipais.
As Escolas Deportivas Municipais poñen en marcha unha chea de actividades lúdicas e deportivas para ofrecer un tempo de desfrute nas tardes e noites dende outubro ata xuño, dirixidas principalmente a dous sectores de idade: por unha parte os nenos e nenas de 3 a 16 anos, e por outra os adultos. Coñece a través desta web a programación e os horarios das Escolas Deportivas 2011-2012.

ESCOLAS DEPORTIVAS PARA NENOS: de 3 a 16 anos


  • Actividades:: o Concello de Melide oferta este ano para nenos/as de 3 a 16 anos un total de trece modalidades: baile moderno, informática, pintura, teatro, baile galego, patinaxe, baloncesto, balonmán, tenis-bádminton, fútbol sala, psicomotricidade, multideporte e pádel.
  • Horarios: : podes consultar e descargar os horarios no enlace que hai ao lado dereito desta páxina.

  • Inscricións: no Departamento de Cultura do Concello de Melide a partir do 19 de setembro. Os pais/nais dos nenos participantes cubirán unha ficha de inscición cos datos principais. Tamén podes descargar a ficha de inscrición para nenos nesta web.
  • Prezo: 12 euros por actividade ao mes.

  • Modalidade de pago: Para cubrir a ficha de inscrición é necesario o número de conta bancaria completo e os datos do titular desta (DNI, enderezo e autorización asinada). O pagamento das taxas efectuarase por domiciliación bancaria na primeira semana de cada mes.
  • Baixas: As baixas deberán realizarse por escrito no Concello, nun modelo a disposición do/a solicitante. De non facelo non serán efectivas as reclamacións.

O Concello resérvase o dereito a comezar ou non algunha das actividades atendendo ao número de inscricións, que debe ser como mínimo de 15 persoas. Ademáis as táboas de horarios que presentamos son orientativos, podendo sufrir variación en función da demanda das actividades. Aquelas actividades ou categorías que non teñan suficientes apuntados/as serán eliminadas polo que o horario será redistribuído.

ESCOLAS DEPORTIVAS PARA ADULTOS


  • Actividades:: o Concello de Melide oferta este ano aos adultos un total de dez modalidades: bailes de salón, batuka,ioga, ximnasia de mantemento, aeróbic, informática, teatro, baile galego, pintura e xogando co baile.

  • Horarios: : podes consultar e descargar a táboa de horarios para adultos que podes consultar no lado dereito desta páxina.

  • Inscricións: no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Melide a partir do 19 de setembro. Tamén podes descargar nesta web a ficha de inscricción na marxe dereito.

  • Prezo: 12 euros por actividade ao mes.
  • Modalidade de pago: O pagamento das taxas efectuarase por domiciliación bancaria na primeira semana de cada mes. PAra cubrir a ficha de inscrición é necesario o número de conta bancaria completo e os datos do titular desta (DNI, enderezo e autorización asinada)
  • Baixas: As baixas deberán realizarse por escrito no Concello nun modelo a disposición do/a solicitante. De non facelo non serán efectivas as reclamacións.
{*imx_titulo}

Escolas Deportivas Municipais 2011-2012



Inscríbete xa no departamento de Cultura e Deportes do Concello de Melide a partir do vindeiro luns 19 de setembro. As escolas comezan o 3 de outubro e o prezo é 12 euros ao mes.


Documentación


© 2008 Concello de Melide