Programación cultural
A inauguración da sala de exposicións no Edificio Multiusos de Melide, a comezos de 2008, deu pé a traer a Melide mostras e proxeccións audiovisuais que ata entón carecían dunha infraestrutura para seren gozadas. A través desta web, poderás ir coñecendo de xeito actualizado as exposicións que recalan no Multiusos de Melide (Praza das Universidades s/n).
Do 9 ao 30 de novembro: exposición "O son da terra", de Drinix
Quen é o autor?
Alejandro Rodríguez Arias,
Drinix, debuxante e carboncillista lucense, esencialmente, foi formado artísticamente case na sua integridade, polo pintor lucense Jesús Blas Lourés, antigo componente da xeraciós dos urogalos, que imparte no Circulo das Artes de Lugo, Maxisterio artístico, entidade na cal participa coma alumno e participando no remate dos seus cursos nas suas exposicions colectivas.
A súa obra
A obra do autor está composta na sua totalidade de carboncillos de estilo realista e de temática puramente galega, con paisaxes tanto rurais coma urbans da sua galiza natal, conxugando, tanto vellas estampas de tempos antergos non tan lonxanos, que grazas o efecto monocromático do carboncillo, danos resultados visuais moi sorprendentes sobor o papel.
Isto é o que nos vai amosar na súa exposición
O son da terra onde poderemos ollar unha totalidade de
37 carboncillos de grande tamaño a maioría deles, e atoparemos entre eles a súa derradeira serie, dedicada aos músicos galegos, uns xa de certa sona na nosa historia da música tradicional, e outros totalemente anónimos.
Esta serie está composta por 11 pezas que se estrean para o público de Melide; no resto da exposición poderemos atopar paisaxes urbanas correspondentes a vellas estampas de Lugo, A Coruña e Santiago, e temas rurais propios da montaña luguesa, así coma varias obras nas que o tema principal é o corpo humano.
O título da exposición recolle tanto o tema musical da nosa tradición coma as paisaxes e xentes da Galiza en perfecta harmonía.
Arriba
Do 13 ao 31 de outubro: Exposición de pintura de Mavi Lezcano
A artista plástica
Mavi Lezcano expón ata finais de outubro unha colección de cadros, realizados por rapaces, e que leva por título
Rapazadas.
Coma todas as exposicións que paran en Melide, pode visitarse gratuitamente no Edificio Multiusos.
Arriba
Do 23 de setembro ao 8 de outubro: A Autonomía Galega a través das caricaturas de Siro.
A Deputación da Coruña trae a Melide, entre o 23 de setembro e o 8 de outubro unha mostra que reúne máis dun cento de caricaturas do artista Siro, nas que se recollen imaxes e situacións da política e sociedade galega dos últimos anos.
Arriba
Do 1 ao 11 de setembro: Exposición de traxes tradicionais.
A Agrupación folclórica Ximiela trae a Melide a exposición titulada
A indumentaria tradicional galega, o traxe de Muros.
Arriba
Do 3 ao 20 de setembro: Exposición de pintura de Esther Novo Carreira
A artista Esther Novo Carreira e e alumnas Concepción Barral, Laly Artés e Ángeles Rey expoñen as súas pinturas na sala de exposicións do Edificio Multiusos este mes de setembro.
Arriba
Do 22 de setembro ao 3 de outubro: Exposición das caricaturas de Siro López
O artista e debuxante Siro López trae a Melide unha mostra das súas caricaturas baixo o título
A autonomía galega nas caricaturas de Siro
Arriba
Do 13 ao 31 de outubro: Exposición de pintura de MaviLezcano
A exposición
Rapazadas, da artista Mavi Lezcano estará en Melide na última quincena de outubro.
Arriba
Do 9 ao 30 de novembro: Exposición de pintura carboncillo
Alejandro Rodríguez expón os seus cadros de carboncillo na sala de exposicións do Edificio Multiusos nomes de novembro.
Arriba
VARELA BUXÁN, Vida e obra do patriarca do teatro galego: do 25 ao 31 de maio
Varela Buxán, vida e obra do patriarca galego é unha mostra que pode visitarse
na Capela de Santo Antón de Melide e na que se fai un percorrido pola persoa e a obra do considerado patriarca galego do teatro, o que Castelao chamou "filósofo do arado".
Con motivo do seu centenario poderán verse numerosos obxectos persoais do autor como a maleta, gafas, máquina de escribir, fotografías, textos manuscritos, retratos ou crónicas da época que falan da importancia da súa obra.
A exposición chega a Melide a través do Concello en colaboración coa
Asociación Cultural Terra de Melide e o escritor melidense
Xosé Vázquez Pintor.
Na CAPELA de Santo Antón: do 25 ao 31 de maio de 2009.
Arriba
O CAMIÑO É ASÍ: do 23 de marzo ao 13 de abril
O camiño é así é unha exposición itinerante, de Xosé Manuel Fernández Sánchez, formada por obras en acuarela de personaxes e paisaxes do Camiño de Santiago. A exposición ten por obxecto visitar os pobos polos que transcorre o Camiño, posto que puido vistarse xa no Cebreiro, Sarria, Portomarín, Palas de Rei e agora estará en Melide.
Na Sala de Exposicións de Melide
DO 23 DE MARZO AO 13 DE ABRIL
Arriba
FOTOGRÁFRICA, Vidas arredor da sida: do 17 ao 31 de novembro
FotogrÁFRICA é unha exposición fotográfica onde a liña temática é o VIH na África subsaxariana, país máis castigado por esta pandemia, organizada por Médicos do Mundo.
Poderá visitarse na Sala de Exposicións de Melide
do 17 ao 31 de novembro.
Actividades relacionadas:
- Talleres Interxeneracionais: onde mozos e maiores conxuntamente dean renda solta á súa imaxinación e mediante a creatividade transmitir o que eles pensan acerca desta infección , mediante obras de teatro, manualidades, etc.
- Taller de Formación de formadores: Impartiremos un taller de formación en educación afectivo- sexual de maneira que quede un grupo formado en esta temática e logo poidan impartir eles mesmos talleres á poboación xuvenil.
- Vitas guiadas á exposición.
- Videoforum: contamos con un documental onde podemos observar cómo se fixo a exposición,de corta duración.
Arriba
I exposición itinerante de Médicos de Artistas Plásticos: do 28 de outubro ao 10 de novembro
As obras artísticas de varios médicos integran a
I exposición itinerante Médicos Artistas Plásticos, que chega a Melide despois de percorrer distintos concellos lugueses atravesados polo Camiño de Santiago.
Esta mostra poderá visitarse en Melide
entre os días 28 de outubro e 10 de novembro, na sala de Exposicións do Edificio Multiusos de Melide.
Arriba
Galicia, conservando a natureza: do 27 ao 31 de outubro
Rías, bosques, montañas, ríos, canóns, lagoas, illas, praias, dunas, matogueiras, esteiros..., unha gran variedade de ambientes que debuxan unha paisaxe única en Galicia. Unha paisaxe que non se pode comprender sen a presenza humana desde hai milleiros de anos, e que tamén deixou a súa pegada a través dun rico patrimonio cultural e etnográfico.
Para protexer esta riqueza natural, Galicia conta cunha
rede de espazos naturais que é o reflexo desa variedade de hábitats e especies que compoñen a nosa xeografía, unha rede de espazos naturais que está integrada por bosques, montañas, ríos, lagoas, marismas, cantís, illas..., que axuda á conservación da biodiversidade que atesouramos no noso territorio.
Seguindo a tendencia doutros países e comunidades do noso contorno, a superficie protexida en Galicia foi aumentando progresivamente nos últimos anos, estando hoxe en día por riba do 12% do noso territorio. Esta superficie protexida está cuberta baixo varias figuras de protección, acordes aos valores de cada espazo natural: parque nacional, parque natural, monumento natural, humidal protexido, ZEPA, Lugar de Importancia Comunitaria...
Esta exposición é unha mostra de toda esta variedade natural que atesoura Galicia, e pode visitarse no edificio Multiusos de Melide
DO 27 AO 31 DE OUTUBRO
Visitas guiadas á exposición para alumnado do último ciclo de Educación Primaria e ESO.
Arriba
Biblioteca de libros fantásticos: do 1 ao 23 de outubro
Esta exposición conta cunha serie de libros tratados plasticamente para que nos evoquen historias de cada un deles.
Cada libro acompáñase dun texto que narra o que lle sucedeu. Os libros fantásticos son o resultado dun extenso traballo no mundo da narración oral e da animación á lectura. Están concibidos coa intención de achegar o obxecto-libro ao público baixo unha mirada aberta que estimule a imaxinación, invitando aos visitantes a que inventen aventuras a través destes libros ou que creen os seus propios.
Actividades relacionadas: día 20 de outubro
- sesión de contacontos para o alumnado de Educación Infantil ás 10.30 h
- sesión de contacontos para o alumnado de Educación Primaria ás 11.45 h
- Obradoiro de Escrita Creativa para nenos/as a partir de 6 anos, ás 18.00 h no Edificio Multiusos (Poderán participar un máximode 20 rapaces/zas previa inscrición na Biblioteca Municipal de Melide)
Arriba
Nazón de Breogán: do 1 ao 14 de outubro
Nazón de Breogán é o nome da exposición que a través de paneis nos leva a unha viaxe pola historia de Galiza, dende a prehistoria ata o 1936, data a aprobación do primeiro estatuto de autonomía.
A exposición chega a Melide o día 1 de outubro, e será inaugurada polo secretario xeral de Relacións Institucionais da Xunta, Antón Pérez Lema, e o comisario da mostra, o fotógrafo Xurxo Lobato.
DO 1 AO 14 DE OUTUBRO DE 2008
Arriba