Concello de Melide

Preguntas frecuentes

Atopa nesta sección as respostas ás preguntas máis frecuentes que poidan xurdir arredor de diferentes trámites ou cuestións administrativas do concello de Melide.

Cal é o horario de atención cidadá no Concello?

Podes xestionar calquera trámite ou consulta na Casa do Concello en horario das 09.00h da mañá a 14.00h da tarde.

Arriba

Podo solicitar o préstamo de libros da biblioteca municipal?

Si. Para iso só precisas ter un carné de lector ou tarxeta de préstamo, que podes solicitar na mesma biblioteca cubrindo unha solicitude e acompañando unha fotografía.

Arriba

Como podo poñerme en contacto coa asistenta social do Concello?

A asistenta social do Concello atenderá calquera consulta que queiras formularlle no Centro Social, sito na Rúa Principal, 44, en horario de 10.00h a 14.00h, os luns, martes e xoves.

Arriba

Que debo facer para poder empregar as instalacións deportivas municipais?

Se queres xogar un partido no pavillón polideportivo, deberás poñerte en contacto coa persoa encargada do pavillón, no teléfono 981 50 77 52, para facer a túa reserva.

Arriba

Como e cando polo solicitar a tramitación do DNI no Concello de Melide?

Os veciños e as veciñas de Melide que teñan que renovar o seu carné de identidade poden facelo a través da Oficina Xeral do Concello. Alí informarano do día no que debe traer a documentación requirida, posto que unha vez ao mes establécese un día para xestionar este trámite directamente no Concello.

Arriba

Podo solicitar unha cita no ambulatorio a través de internet?

Si. Só debe acceder á web disposta polo Sergas para este fin: solicitude de cita previa.

Arriba

A onde debo acudir para dar de alta por nacemento no Concello de Melide ao meu fillo ou filla?

No Rexistro da Casa do Concello, podes cursar a Solicitude de alta por nacemento. Deberás presentar a instancia cuberta (podes descargala da sección de Trámites da propia web) e o libro de famila.

Arriba

Como podo facer o trámite de cambio de domicilio dentro do mesmo Concello de Melide?

No Rexistro da Casa do Concello, podes cursar a Solicitude de alta por cambio de domicilio (procedente do mesmo concello). Debes presentar unha instancia cuberta (podes descargala da sección de Trámites da propia web), as escrituras de propiedade ou contrato de aluguer da casa na que se vai empadroar. No caso de que vaia vivir con outra persoa que estea xa empadroada en Melide, deberá presentar autorización asinada desa persoa.

Arriba

E se quero darme de alta no padrón de Melide cando procedo doutro Concello?

Debe presentar cuberta a instancia tipo (podes descargala da sección de Trámites da propia web), as escrituras de propiedade ou contrato de aluguer da casa na que se vai empadroar.

No caso de que vaia vivir con outra persoa que estea xa empadroada en Melide, deberá presentar autorización asinada desa persoa. Se se desexa empadroar fillos ou fillas, é preciso presentar o DNI / pasaporte e libro de familia.

Arriba

Como podo tramitar unha petición ao Concello? Hai algunha instancia oficial?

Si, nesta mesma web podes descargar o modelo (sección Trámites) e presentala no Rexistro, na Oficina Xeral do Concello.

Arriba

Como e onde podo obter un certificado de matrimonio, viuvidade, nacemento ou defunción no Concello de Melide?

No Xulgado de Paz, sito na rúa Alhóndiga, na parte traseira da Casa do Concello.

Arriba

Como podo tramitar o cambio de titularidade dunha actividade comercial?

Na Oficina Xeral da Casa do Concello. A documentación que deberá presentar, sempre compulsada, é a seguinte:
  • Instancia, asinada polo titular orixinal e o novo titular.
  • DNI do titular orixinal e máis do novo titular.
  • Escritura da sociedade, se procede.
  • Contrato de arrendamento do local.
  • Licenza da actividade.
  • Certificado de pago das taxas (o impreso recollerase na Oficina Xeral do Concello. O importe é de 71,12 euros, e deberá aboarse en Banesto, Banco Gallego, ou Caixa Galicia, indicando no concepto "Cambio de titularidade"). Estas contías están reguladas por ordenanza, válida para o ano 2008.
  • Certificado visado polo colexio de que se adapta ás actividades clasificadas, en cumprimento do Decreto 133/288 de 12 de xuño de Avaliación de Incidencia Ambiental.
TODA A DOCUMENTACIÓN TERÁ QUE ESTAR COMPULSADA

Arriba

Onde debo solicitar a alta ou o cambio de titularidade do recibo do lixo?

Na Oficina Xeral da Casa do Concello. A documentación que se deberá achegar é a seguinte:
  • DNI do propietario/a do inmoble.
  • Escrituras de propiedade.
  • Último recibo da contribución e de lixo.
  • Solicitude asinada.

Arriba

Como fago para solicitar formalmente a anulación dun recibo (especificando titular, nº fixo…)?

Debe presentar a seguinte documentación:
  • DNI dos titulares do recibos.
  • Copia dos dous recibos pagados.
  • Copia do recibo de contribución do inmoble.
  • Número de conta no que se solicita que se ingrese a devolución.

Arriba

Cales son os requirimentos para solicitar a licenza dunha obra menor?

Deberás presentar no Rexistro do Concello a seguinte documentación:
  • Solicitude asinada polo promotor das obras ou representante.
  • Descrición ou memoria indicando situación (referencia catastral, identificar a situación das obras a realizar con plano de situación), presuposto, metros, materiais, fotografía do estado actual da construción, antecedentes (obra nova, licenza de obra anterior, antigüidade da vivenda...)
  • Xustificantes de pago: ICIO: 2,4% do presuposto de execución material; Taxa por expedición de licenza municipal: a) orzamento < 3006,00 euros = 53,51 euros; b) orzamento > 3006,00----107,01 €. Estas taxas están reguladas por ordenanza, válida para o ano 2008.
  • Os pagos efectuaranse no Banco Banesto, en Caixa Galicia ou no Banco Gallego. Realizaranse dous ingresos separados.

Arriba

Podo guiarme por algún modelo de memoria para tramitar a licenza dunha obra menor?

Na sección de Trámites podes atopar o modelo a seguir.

Arriba

Como podo solicitar un vao permanente para o meu domicilio ou negocio?

Deberá solicitalo na Oficina Xeral do Concello, achegando a seguinte documentación, que deberá ser sempre compulsada:
  • Escritura de propiedade do baixo ou contrato de aluguer.
  • DNI do titular, en caso de ser unha sociedade, escrituras de constitución da sociedade, comunidade de veciños/as e CIF.
  • Solicitude indicando situación e metros.
  • Xustificante de pago por concepto: Vao permanente
  • Importe: 19,58 euros x metro a ingresar na conta do Concello de Melide en Caixa Galicia, Banco Gallego, Banesto. Taxas reguladas por ordenanza, válida para o ano 2008.
  • Concederase a alta do vao por acordo da Xunta de Goberno Local, que lle será notificado ao domicilio indicado na solicitude. Co dito acordo deberá solicitar á Policía Local que lle facilite a sinal oficial.

Arriba

E se quero dar de baixa un vao que xa teño?

Deberá facelo constar no Concello, acompañando DNI do titular ou representante legal e acuse recibo de ter entregada a placa oficial nas dependencias da Policía Local.

Arriba

Que é un certificado de bens e como o podo obter?

É un certificado emitido polo Concello no que se recolle a existencia ou non de bens inmobles e de natureza rústica ou urbana, así como de calquera padrón fiscal. Emítese na Oficina Xeral do Concello.

Arriba


© 2008 Concello de Melide