Benestar, igualdade e seguridade cidadá
Vivendas Comunitarias
O Concello de Melide ten en funcionamento un sistema alternativo de servizos sociais para as persoas que non sendo dependentes, pola súa situación non poden vivir soas. Trátase do servizo ofrecido nas chamadas Vivendas Comunitarias. Son un grupo de 24 vivendas de titularidade municipal, postas a disposición dos servizos sociais do Concello de Melide. Nelas viven, de xeito independente, persoas anciás, que reciben os servizos de varias auxiliares do Concello para o desenvolvemento das tarefas domésticas cotiás: preparar a comida, limpeza do fogar, roupa, etc.
Estas vivendas forman parte do edificio da Residencia de Maiores.
Tlfs: 981.50.79.53 / 981.50.79.05
« Voltar
Vivendas comunitarias
O Concello de Melide ten en funcionamento un sistema alternativo de servizos sociais para as persoas que non sendo dependentes, pola súa situación non poden vivir soas