Festas - Festa do San Caralampio

Foto fiesta

O segundo domingo de setembro, Melide acolle a Festa do San Caralampio “A nosa Festa”, tamén coñecida como Festa dos borrachos. Así, o viño é o meirande protagonista desta celebración que cada ano congrega a máis adeptos, que tanto o beben coma o lanzan aos seus amigos. Difícil resulta saír do San Caralampio coa roupa limpa.

Foto fiesta

A zona histórica de Melide énchese de xente nova que acude por grupos de amigos (en peñas) ataviados con camisetas personalizadas e cun pano da festa. Dende primeiras horas da máñá as rúas énchense de música de charangas e de agrupacións musicais amenizando esta xornada festiva. Unha das tradicións destes festexos pasa polo almorzó que se celebra na céntrica Praza das Coles, onde se soen repartir pratos de pementos con cachelos e sardiñas entre todos os asistentes.

Para esta celebración tamén hai unha comisión de festexos que se encarga de organizar toda a axenda de actos para esta xornada.

Foto fiesta