Concello de Melide

Xestións e trámites

A través desta sección o Concello de Melide desexa facilitarlle aos veciños e veciñas as relacións coa administración municipal, achegándolles, para a súa descarga, as instancias para a realización de diferentes trámites, como a modificación de datos no padrón municipal ou o modelo de memoria de obras menores.

XESTIÓN TELEMÁTICA

Solicita cita para o ambulatorio a través de internet

A través da páxina web do Sergas podes reservar para que te atendan no ambulatorio de Melide:

https://extranet.sergas.es/cita/autenticacion.asp?JS=S&idioma=ga

Mesa de contratación permanente do Concello de Melide.

08/05/2013

Co fin de axilizar a xestión municipal o Concello de Melide pon a disposición da cidadanía a mesa de contratación permanente do Concello de melide.

NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO

Reserva de hora para as pistas de pádel

03/08/2009

Todas as persoas que queiran reservar hora para xogar nalgunha das dúas pistas de pádel de Melide (detrás do Edificio Multiusos), poden facelo achegándose ao pavillón polideportivo en horario de 17 a 22 horas, de luns a vernes.


Alí, contactando co técnico responsable do pavillón municipal, poderase solicitar reserva con dous días de antelación, ou incluso con tres no caso de que a reserva se faga un venres para xogar o luns.



O técnico do pavillón entregaralle á persoa que faga a reserva un resgardo no que conste a hora da súa reserva
. Tamén se pode contactar telefonicamente, a través do teléfono 981.50.77.52, pero será necesario pasar polo pavillón para recoller o xustificante.


As pistas de pádel A e B teñen un horario ininterrompido de 10h da mañá a 1 da madrugada. No momento no que non estean sendo usadas por reserva poderase xogar nelas libremente.

DOCUMENTO BASE

Bases xerais de contratación de persoal do Concello de Melide

21/04/2009

Bases que rexerán a selección de persoal laboral temporal do Concello de Melide, modificadas na Xunta de Goberno Local de 13 de marzo de 2009.

PARA O ANO 2009

Solicitude de panteón funerario

16/04/2009

Para solicitar un panteón funerario, deberase presentar no Concello de Melide unha solicitude asinada polo interesado ou interesado, xunto coa copia do seu/s DNI e o xustificante do pago en Caixanova. O importe por panteón é de 2.460,23 €.

  

PARA O ANO 2009

Solicitude de vao permanente

16/04/2009

Documentación necesaria para tramitar a solicitude dun vao permanente no Concello de Melide. 

xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion