Concello de Melide

Xestións e trámites

NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO

Reserva de hora para as pistas de pádel

03/08/2009

Todas as persoas que queiran reservar hora para xogar nalgunha das dúas pistas de pádel de Melide (detrás do Edificio Multiusos), poden facelo achegándose ao pavillón polideportivo en horario de 20 a 22 horas, de luns a vernes.


Alí, contactando co técnico responsable do pavillón municipal, poderase solicitar reserva con dous días de antelación, ou incluso con tres no caso de que a reserva se faga un venres para xogar o luns.

O técnico do pavillón entregaralle á persoa que faga a reserva un resgardo no que conste a hora da súa reserva. Tamén se pode contactar telefonicamente, a través do teléfono 981.50.77.52, pero será necesario pasar polo pavillón para recoller o xustificante.

As pistas de pádel A e B teñen un horario ininterrompido de 10h da mañá a 1 da madrugada. No momento no que non estean sendo usadas por reserva poderase xogar nelas libremente.


xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion