
Convócanse axudas para o programa de actividades de campamentos e campos de traballo para o ano 2012 para que a mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares. A presente resolución implica unha subvención en especie consistente no aloxamento nos campamentos ou residencias xuvenís, o traslado desde o seu país de orixe a Galicia e desde Galicia ao seu país de orixe, o traslado desde o campamento ao aeroporto de regreso.
A Consellería de Traballo e Benestar ven de publicar na orde do 30 de decembro de 2011 (DOG Nº 14 do 20/01/2012) as bases da convocatoria do Programa para a promoción do Emprego autónomo.
ORDE do 15 de decembro de 2011 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2012
A Consellería de educación e ordenación universitaria convocará mediante a orde do 16 de marzo de 2011 o procedemento e a convocatoria para a realización dos exames encamiñados á obtención tanto dos carnés como de calquera outra habilitación profesional necesaria no ámbito de seguridade industrial.
O IMSERSO pon en marcha un novo programa de termalismo para os pensionistas maiores de 60 anos. O programa ten como obxectivo suavizar as doenzas musculares e óseas que poida sufrir a persoa beneficiaria.