Concello de Melide

Convocatorias

Programa de retorno voluntario de inmigrantes (PREVIE)

21/10/2011

O Programa de Retorno Voluntario está dirixido a persoas estranxeiras con diferente estatus legal, especialmente inmigrantes que manifestan o desexo de volver ao seu país de orixe ao atoparse en situación de precariedade ou en risco de exclusión social. (BOE nº 253 di 20/10/2011).


O programa de retorno voluntario inclúe os seguintes servizos:

- Información e asesoramento á persoa interesada. 

- Billete de retorno internacional ao seu país de orixe, desde o lugar do seu domicilio en España contemplando o pago da estancia, manuntención e todas aquelas circunstancias excepcionais que poideran presentarse no tránsito. 

- Gastos imprevistos de medicamentos ou outros como acompañamento debidamente xustificados. 

- Axuda económica de viaxe de 50 euros por cada membro da unidade familiar. 

- Axuda económica para a reintegración no país de orixe que pode ascender a 400 euros por persoa e ata un máximo por unidade familiar de 1600 euros. 

 

Requisitos necesarios para acollerse ao programa:

- Atoparse en situaicón de falta de recursos económicos e de vulnerabilidade social por determinadas circunstancias. 

- Ter unha permanencia en España non inferior a 6 meses. 

- Informe social dos servizos sociais do concello en que resida ou dunha ONG especializada. 

- Declaración de voluntariedade da persoa interesada. 

Prazo ata o 9 de novembro de 2011.

Pode solicitar toda a información no Centro Social do Concello de Melide. 




© 2008 Concello de Melide