Concello de Melide

Avisos

NOTA INFORMATIVA

Piscina Municipal Climatizada

Ante o abandono por parte da empresa concesionaria do servizo da piscina municipal climatizada e tendo en conta que neste momento, como consecuencia de dita situación, o concello non dispón dos datos necesarios para identificar aos seus usuarios/as.

Por isto, comunicamos aos devanditos usuarios/as que por circunstancias alleas ao concello a empresa concesionaria non está prestando o servizo.

O concello está a facer as xestións necesarias para pór en funcionamento a piscina o máis axiña posible.

Lamentamos a actual situación, e nos vindeiros días manteremolos informados.


© 2008 Concello de Melide