Concello de Melide

Novas

Melide acollerá o II Salón de vodas da comarca o próximo día 17 de marzo.

Melide acollerá o II Salón de vodas da comarca o próximo día 17 de marzo.

12/03/2013

O Concello de Melide organiza en colaboración coa asociación de empresarios de Melide, ASETEM o II salón de voda da comarca o próximo domingo día 17 de marzo en horario ininterrompido de  11.00 a 20.00h.

Os fortes ventos provocan caídas de árbores en varios puntos do Concello.

08/03/2013

A situación metereolóxica adversa que sufriu Galicia onte debido aos fortes ventos e chuvías procedentes do sur do país provocaron incidencias en varias vías do concello de Melide, solventadas pola coordinación conxunta entre Protección Civil e Policía Local de Melide e Bombeiros de Arzúa.

Melide promociona os seus produtos en Expourense.

Melide promociona os seus produtos en Expourense.

07/03/2013 Melide continúa promocionando a Festa do Melindre e os doces tradicionais da terra, a súa gastronomía e o conxunto monumental e paisaxístico de Melide. Esta vez faino en Xantar- Ourense, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo.

O Concello de Melide organiza unha batería de actividades para conmemorar o día da Muller Traballadora.

07/03/2013

Dende o departamento de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, estánse a organizar unha serie de actividades encamiñadas a celebrar un dos días máis importantes e reseñados no calendario como é o día 8 de marzo, día adicado a Muller Traballadora.

Dan comezo obras de saneamento en seis rúas de Melide.

06/03/2013

O importe das actuacións ascende a 25.000 € financiado na súa maioría pola Deputación da Coruña.

Concurso de Carteis da XXII Festa do Melindre e da Repostaría da Terra de Melide.

Concurso de Carteis da XXII Festa do Melindre e da Repostaría da Terra de Melide.

05/03/2013

A Concellaría de Promoción Económica e Turismo, encabezada por Santos López, saca por segundo ano o concurso de carteis anunciadores da Festa do Melindre, que terá lugar como é habitual o 2.º domingo do mes de maio. 

xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion