
O barista Óscar de Toro impartirá mañá na vila melidense unha master class de combinados de café na que participarán máis de 25 hostaleiros.
O pasado 21 de marzo a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional recibiu unha mención especial pola promoción do idioma nas súas actividades no transcurso da Gala dos Premios anuais Deporte Galego 2012.
O presidente da Deputación, Diego Calvo, a alcaldesa do Concello de Melide, Ánxeles Vázquez, e a concelleira de Cultura, Dolores Gómez, asinaron esta mañá o convenio que formaliza o financiamento das obras necesarias para a adecuación interior da planta baixa do Centro Sociocultural de Melide.
A concellería de deportes ao fronte da cal se atopa a popular Dolores Gómez, colabora coa Asociación Nacional de Entrenadores de Fútbol Sala e co clube Melide Fútbol Sala de 3º división na organización do II Congreso Nacional de categorías inferiores.
O Concello de Melide a través da concellería de obras dirixida por Rosa Cabado, xunto cun técnico de obras están a avaliar as rúas da vila así como as pistas de asfaltado e zahorra do rural melidá.