Concello de Melide

O Conselleiro de Medio ambiente , territorio e infraestructuras visita as obras da senda peonil cara o campo de fútbol.

09/08/2012

Ánxeles Vázquez salienta a importancia da financiación desta obra tan demandada e necesaria para a seguridade dos melidenses.

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4 /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:"Times New Roman"; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;}

O Conselleiro Agustín Hernandez visita oficialmente Melide e comproba o estado das obras da senda peonil  que avanzan a bo ritmo agardando que estean rematadas no mes de setembro co fin de preservar a seguridade dos viandantes que cada día van ó campo de fútbol a entrenar.

A alcaldesa transmitiulle hai uns meses ó Conselleiro a necesidade urxente polo ben dos rapaces e xóvenes de levar a cabo estas obras que a día de hoxe están sendo realidade.

O custe da senda peonil supera os 60.000 € e supón ademais unha ampliación en distintos servicios ó longo da AC 847 cara o campo de fútbol municiapal,  como saneamento, traída de auga e soterramento nunha das parte do cableado do alumeado público e a súa ampliación.

A alcaldesa trasladou a necesidade tamén  ó Conselleiro de ter unha planta de trasferencias entre varios Concellos o  que suporía un aforrro importante no que o traslado de lixo se refire , así como a necesidade de tomar unha determinación sobre a depuradora do polígono industrial xa que se están realizando estudios sobre trasladar os vertidos á actual ou a construcción dunha no propio polígono.

xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion