Ayuntamiento de Melide

Derón comezo as obras de canalización de rede de pluviais e reparación de firmes na rúa Alcalde Javier Rodríguez Pampín e outras

08/08/2012

É unha obra moi importante financiada pola Deputación Provincial da Coruña que está realizando un esforzo orzamentario importante para levar adiante proxectos deste tipo.

Dentro das obras do PCC 2011 da Deputación da Coruña dan comezo as obras de canalización de redes de pluviais e reparación de firmes na rúa alcalde Javier Rodriguez Pampín, Rúa Doctor Francisco López, Rúa Alcalde Manuel Pampín Prado, Rúa Alcalde José Ares Lois, Rúa Alcalde Fondevila Castro, Rúa Alcalde Vaamonde Fraga. Un total de sete rúas no entorno da piscina climatizada municipal, nos que se procede a facer a separación de fecais e pluviais con tubería de 315 mm. Realizarase ao mesmo tempo a pavimentación das rúas con m.b.c. tipo D12, sinalización horizontal e sinalización na estrada así como reposición de formigón na rúa Doctor Francisco López.

O orzamento de execución é de 91.068,41 €.

xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion