
A alcaldesa agradeceu públicamente en recepción oficial o compromiso de Ovidio Rodeiro con Melide e os xóvenes. A concelleira de xuventude Dalia Couso salientou a importancia de ter conseguido por primeira vez para Melide un campo de traballo con unha temática de inmersión lingüística que ten como punto de partida Melide.
Ovidio Rodeiro quiso estar presente na recepción oficial que dende o Concello se lle ofreceu ós integrantes do campo de traballo que se está a levar a cabo en Melide. É un campo donde hai mozos de 9 nacionalidades, sendo un total de 19 nesta primeira quenda, 5 españois e os restantes da Republica Checa, Arxentina ou Holanda entre outros.
Segundo Ovidio Rodeiro é moi importante o desenrolo deste campo de traballo en pleno Camiño de Santiago, ruta que actua como punto de encontro de diferentes culturas e canle de enriquecemento da nosa propia. Neste senso salientou a iimportancia de seguir mantendo os vínculos coa Galicia exterior sendo unha maneira de conservar as tradicións no continente américano.
O director deral de xuventude salientou o interés que espertou este campo de traballo e a importancia do traballo que desenrolarán a pe de Camiño de Santiago como voluntarios e dinamizadores dos monumentos arquitectónicos do noso pobo.
Logo da rece3pción, a alcaldesa , a concelleira e o director xeral trasladoranse co grupo á Praza do Convento donde compartiron uns momentos cos cativos e cativas do campamento xuvenil de Furelos xunto ós membros de campo de traballo, interesándose polas actividades que realizan e escoitandos aos participantes nunha conversa informal onte intercambiaron gustos e experiencias.