
O Concello de Melide a través da súa concellería de obras e servizos comezou esta semana os asfaltados nalguhas parroquias do rural melidense.
As parroquias afectadas por estes traballos son Zas de Rei, Cabanelas, Os Anxeles, Baltar e Xubial o que contribuirá ao mantemento das pistas que a diario transitan os veciños e veciñas do rural.
O asfaltado do firme conxugase coa limpeza das cunetas e a condución das augas nalguhas áreas o que mellora a visibilidade e o tránsito en xeral.