Ayuntamiento de Melide

A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez mailo concelleiro de Sanidade, Benito Nebril, mantiveron no día de onte unha reunión coa Conselleira de Sanidade.

19/07/2012

A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, xunto co concelleiro de Sanidade, Benito Nebril, mantiveron unha reunión coa conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia, Rocío Mosquera, na que trasladaron de primeira man a inquedanza que lles produce a situación do actual Centro de Saúde de Melide polas goteiras, perda de calor no inverno exceso no verán debido ao insuficiente illamento exterior.

A alcaldesa de Melide mantivo unha reunión formal coa Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, co fin de trasladarlle a situación do actual edificio do Centro de Saúde que provoca excesivos gastos de mantemento ás arcas municipais, gastos que quedarían erradicados coa construcción do novo centro de saúde.

Técnicos da Xunta de Galicia realizaron a comprobación da documentación enviada polo Concello de Melide concluíndo por parte da Conselleria que hai que solicitar un maior espazo co fin de non executar unha obra de dúas plantas e que o aparcamento se localice igualmente na parcela construída e non nas rúas colindantes. 

A conselleira de sanidade, Rocío Mosquera, coñecía a situación de primeira man ao visitar en distintas ocasións o Centro de Saúde de Melide cando ocupaba distintos cargos na mesma consellería. Adquiriu pola súa banda o compromiso de priorizar no momento de que a Consellería dispoña da financiaicón necesaria para executar na maior brevividade posible adquirindo o Concello de Melide adquirir o compromiso de cesión de máis terreo co fin de que o edificio sexa o máis amplo e eficiente posible. 

xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion