Ayuntamiento de Melide

Xa está a disposición dos usuarios a sala de estudio da Biblioteca Municipal de Melide.

18/07/2012

A Biblioteca Municipal de Melide xa ten a disposición dos usuarios unha sala de estudio con capacidade para 30 persoas froito das obras acometidas neste exercicio para a ampliación da mesma.

Os usuarios da Biblioteca Municipal de Melide xa teñen a súa disposición unha sala acondicionada para o estudo con capacidade para 30 pupitres dos que están operativos 12 pola demanda que hai nos meses estivais.

Os usuarios da Biblioteca Municipal Xosé Vázquez Pintor poderán contar así cun ambiente propio de estudio ademáis da proximidade das ferramentas propias dunha biblioteca, consulta bibliográfica, wifi, internet, prensa, entre outras. 

A concelleira de cultura, Dolores Gómez amosase moi satisfeita coas obras acometidas xa que supoñerán unha mellora nos servizos prestados pola Biblioteca  Municipal ademáis dun espazo máis axeitado para o habito de estudo. 

xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion