Concello de Melide

O conservatorio clausurará o fin de curso 2012 cun concerto na Igrexa Parroquial de Melide.

26/06/2012

O 28 de xuño ás 20,30 h na Igrexa Parroquial de Melide o Conservatorio de Música de Melide celebrará un concerto de fin de curso. 

Presentarase a Orquestra Infantil do Conservatorio con nenos de 5 a 11 anos, un grupo de percusión, un grupo de guitarras, ademais das actuacións da Banda de música, da orquestra, do grupo folk, dos grupos de cámara e do coro do conservatorio.

Poden descargar o programa na marxe dereita desta páxina.  

xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion