Concello de Melide

Hoxe presentouse no salón de sesións da Casa do Concello o programa Conecta Melide

14/06/2012

O Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, presentou xunto coa alcaldesa Ánxeles Vázquez, maila concelleira de xuventude, Dalia García, o programa Conecta Melide que terá lugar no IES de Melide o vindeiro sábado día 23 de xuño.

O IES de Melide acollerá o día 23 de xuño o programa da Dirección Xeral de Xuventude "Emprendemento Social no Mundo do Deporte Quentando Motores: O teu kilómetro 0 cara o emprendemento".

Trátase dun programa que forma parte do eixo transversal das políticas estratéxicas de xuventude que se están a levar a cabo en vilas e cidades de Galicia. Un destos programas terá lugar en Melide o día 23 centrado no Mundo do Motor como forma de emprendemento e de ocio deportivo. 

O programa dividirase en bloques no que haberá mesas redondas e ponencias sobre as diferentes disciplinas deportivas do mundo do motor en Melide e en Galicia. Serán experiencias de primeira man contadas por pilotos da comarca combinadas con outras actividades como o simulador de condución, exposición de coches de competición e barquetas, zona de xogos con PS3 ou simulacro de excarcelación. 

A alcadesa de Melide, Ánxeles Vázquez, maila Concelleira de Xuventude, Dalia García destacan o agradecemento da Dirección Xeral de Xuventude por ter escollido Melide para celebrar este evento xa que é o lugar idóneo pola súa afición ao mundo do motor como iniciativa de ocio e de emprendemento. 

O programa poderá descargarse na seguinte ligazón na Dirección Xeral de Xuventude e poderán apuntarse todos aqueles interesados na actividade no Concello de Melide ou recheando o formulario noa web de www.xuventude.net

xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion