Concello de Melide

O Concello de Melide solicitou as axudas á Consellería de Economía e Industria para un proxecto de eficiencia enerxética do Parque Empresarial de Melide.

26/05/2012
O Concello de Melide solicitou o 90% do total do proxecto que se pretende levar a cabo que ascende a un montante de 107.81,85 € para a mellora enerxética do Parque Empresarial da Madanela. Tamén se solicitaron a esta mesma consellería axudas por valor de 70.971,84 € para efectuar un proxecto de videovixilancia do sector empresarial da vila. 

O Concello de Melide ven de aprobar en Xunta de Goberno Local a petición dunha axuda á Consellería de Economía e Industria para a habilitación e mellora das infraestructura do Parque Empresarial da Madanela. Os proxectos que se presentaron son por unha banda, un adicado a mellora da eficiencia enérxetica do propio parque emprearial o que supoñerá un aforro nas arcas públicas locais de cara a poder investir noutras necesidades de fortalecemento do tecido empresarial da vila. Trátarase da dotación de servizos centralizados de xeración e subministración de enerxía que derive nun aforro con relación aos existentes no parque, para que así se consiga unha eficiencia dende o punto de vista enerxético. Por outra banda, tamén se solicitou a instalación dun sistema de seguridade e vixiancia cofinanciado por esta axuda nun 70% que ascende a 70.971,84 € que pretende incrementar a seguridade de todas as empresas afincadas no parque empresarial melidá e supoñerán un fortalecemento do tecido empresarial e das infraestructuras da vila. 

xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion