Concello de Melide

O Concello de Melide ubicará dez novos contenedores de recollida de vidro nas parroquias e no casco urbano da vila.

25/05/2012

Dende a Concellaría de Obras do Concello de Melide ao fronte da cal se encontra a popular Rosa Cabado, levarase a cabo a ubicación de novos contenedores de recollida do vidro nas parroquias e no casco urbano da vila.Serán dez os contenedores que desta vez se procederá a súa colocación dada a demanda veciñal e a preocupación medioambiental pola reciclaxe deste material. 

Dende a Concellaría de Obras e Servizos e Medioambiente do Concello de Melide ao fronte do cal está Rosa Cabado, se vai a levar a cabo a colocación de dez novos contenedores de recollida de vidro repartidos entre o rural melidá e o casco urbano. Os lugares elixidos para a localización destes novos contenedores son as parroquias de Santalla, Golán, O Meire e As Cazallas, facendo polo tanto real unha demanda dos veciños e veciñas de Melide ao responder ás necesidades de reciclaxe deste material. No casco urbano procederase a reposición de aqueles que se atopen en mal estado para facer así efectiva unha recollida do lixo máis segura e limpa. A concelleira de Obras, Servizos e Medioambiente amosase moi satisfeita por extender servizos de recollida cara as parroquias do rural melidense xa que pola súa localización non contan coa proximidade dos mesmos servizos que no casco urbano da vila. 
xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion