
O Concello de Melide será un dos nove concellos elixidos pola Dirección Xeral de Xuventude para levar a cabo unha xornada de ocio e emprendemento dentro do programa Conéctate.
24/05/2012
Técnicos da Dirección Xeral de Xuventude mantiveron unha reunión coa Alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, maila concelleira de xuventude, Dalia García co fin de expoñerlles as actividades que terán lugar en Melide o vindeiro día 23 de xuño.
A alcaldesa de Melide maila concelleira de xuventude mantiveron unha xuntanza nesta semana con técnicos da Dirección Xeral de Xuventude na que se trataron os temas centrais da xornada do vindeiro 23 de xuño na vila de Melide. Ánxeles Vázquez amouso a súa satisfacción dado que Melide foi un dos concellos elixidos pola Dirección Xeral de Xuventude para celebrar unha xornada adicada ao ocio, a aprendizaxe e o emprendemento dentro do programa Conectate da Xunta de Galicia. A liña xeral deste programa e a promoción e potenciación do movemento asociativo vinculado á xuventude, entendendo a participación como mecanismo de aprendizaxe non formal, opción de ocio educativo e de desenvolvemento de actividades cívicas e persoais determinantes para o futuro do colectivo xuventil. A xornada que terá lugar en Melide o 23 de xuño está centrada no mundo do motor, os deportes de velocidade e a carga de esforzo e sacrificio que respersentan no encontro que leva por título “Emprendemento social no mundo do motor” baixo o lema “Quentando motores, o teu KM0 cara o emprendemento”. Un ocio responsable, alternativas de empregabilidade xunto coa diversión son posibles para a xuventude, o vindeiro 23 de xuño en Melide cita co motor no IES de Melide. A concelleira de xuventude, Dalia García, califica o programa Conectate de iniciativa orixinal e agradece á Dirección Xeral de Xuventude que Melide forme parte do mesmo ao ser un pobo no que o mundo do motor é todo un exemplo e a xuventude desfruta con este deporte.