O Concello de Melide conocerá neste mes a resolución de adxudicación da vivenda vacante existente nas casas de protección oficial da vila.
20/05/2012
A vivenda de protección oficial vacante en Melide será finalmente ocupada a principios do vindeiro mes de xuño unha vez coñecida a resolución e sempre e cando todos os papeis sexan presentados en tempo e forma.
A concelleira de Igualdade e Benestar, Mª Jesús López, trasladouse a semana pasada á sede do Instituo Galego de Vivenda e Solo co fin de manter unha xuntanza co presidente da comisión provincial de vivenda da provincia da Coruña para coñecer de primeira man a resolución de inicio do proceso de selección en segunda adxudicación no Concello de Melide dunha vivenda vacante nas casas de protección oficial da vila. En dita reunión notificouse que nun prazo mínimo de 15 días enviarase un comunicado notificando a resolución do procedemento tendo en conta que son dezaoito as persoas que se atopan na lista de posibles candidatos para optar a vivenda vacante dacordo coa lexislación vixente recollida no Decreto 1/2010 do oito de xaneiro polo que se regula o Rexistro único de Demandantes de Vivenda da Comunidade de Galicia. Dita lexislación establece que o procedemento de adxudicación executarase mediante sorteo, onde se coñecerá o adxudicatario provisional, ademais de elixir as persoas integrantes da lista de reserva por estricta orde correlativa. Asimesmo trala publicación da listra provisional os solicitantes que se consideren prexudicados no seu dereito disporán dun prazo de dez días para presentar a reclamación pertinente ante a Comisión Provincial de vivenda, que deberá adoptar a resolución que proceda no prazo máximo de tres meses.