Ayuntamiento de Melide

I Xornada de Maridaxe para profesionais hoxe ás 19.00 h no Concello de Melide

08/05/2012

Co motivo da celebración da XXI edición da Festa do Melindre e da Repostería Tradicional da Terra de Melide terá lugar na Casa do Concello unha cata de armonías de doces tradicionais da Terra de Melide e viños da Ribeira Sacra xunto cos non menos coñecidos augardentes. É un acto técnico orientado aos profesionais do sector con prazas limitadas. 

A sumiller Mercedes Gónzalez, presidenta a asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia, será a encargada de dirixir esta xornada que se celebrará no Concello de Melide ás 19.00 h. A cata asistirá tamén algún representante da D.O Ribeira Sacra e D.Xeográfica Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Consiste nunha simbiose entre a repostería tradicional da Terra de Melide, os doces artesanais tradicionais do interior de galicia, Melindres, ricos e améndoados conxugados no pádal por un baño de afroitados viños da Ribeira Sacra, Licores e Augardentes de diferentes texturas.

xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion