
A Xunta de Goberno Local ven de aprobar un total de 383.117,30 € que corresponden a bens e servizos do ano 2011 e do ano en curso. O equipo de goberno está a levar a cabo una xestión austera co fin de poder manter todos os servizos básicos o que dificulta levar a cabo a contabilidade ao día debido a situación económica herdada polo anterior equipo de goberno.
Cabe dicir polo tanto, que non están achegadas facturas de traballos realizados en anos anteriores das cales non teñen constancia os servizos de intervención tendo que facer fronte incluso a facturas anuladas polo bipartito BNG-PSdG-PSOE, sendo reclamadas agora por provedores, sendo os responsables anteriores informados e respondendo que se trata de erros.
En aras de solventar toda esta problemática a contabilidade provocada por irresponsabilidades de xestión, as contas non están totalmente ao día tal e como lle gustaría ao equipo de goberno actual a pesares dos esforzos que o equipo de goberno e os técnicos municipais están a facer. Sen embargo, hai que destacar o gran esforzo que está a facer o actual equipo de goberno para restrinxir o gasto dada a situación económica do consistorio melidá co fin de seguir asegurando as prestacións básicas que lle corresponden a Melide como concello cabeceira de comarca.