
Dende o 2007 os hostaleiros da vila veñen organizando xunto co Concello de Melide a Festa da Hostalería da vila, un día de lecer para un sector con gran tirón económico na comarca.
Será mañá xoves día19 de abril o elixido para celebrar sexta edición desta festa adicada aos empresarios e profesionais deste sector que se encontra no outro lado da barra os días de festa.
A cita comezará ás 21.00 h con música de dúas orquestras "París de Noia" e "Philadelfia" que amenizarán a festa até ven entrada a madrugada logo dunha cea que os asistentes poderán desfrutar como paso previo a unha noite de música, diversión e lecer. Os asistentes poderán desfrutar dun menú por 20 € que está composto por pan, viño, auga, refrescos, polbo, carne a caldeira con patacas, postre e café. Os establecementos pecharán ás 20.00 h as súas portas para comezar a velada ás 21.30 h.
O Concello de Melide quere felicitar aos organizadores do evento por ser xa este o sexto ano que se celebra ademáis de destacar o importante papel económico que este sector ten para a vila de Melide.