Concello de Melide

Fumigación gratuíta para as plantacións de eucaliptos.

26/03/2012

O Concello de Melide pon en marcha unha campaña de información aos propietarios de fincas con eucaliptos para a fumigación de parcelas ante a detección dunha praga na especie arborea. 

Dende o Concello de Melide informan a todos os propietarios que teñan fincas con plantacións de eucaliptos que deberán pasar polo Departamento de Medio Ambiente, para informarse e dar a autorización correspondente para a execución dos traballos de control de Gonipterus Scutellatus, coñecido de forma coloquial co nome de o "Gorgullo do Eucalipto", co fin de que se execute nas diferentes parcelas os traballos de sanidade vexetal, mediante o tratamento químico con medios aéreos, que se pretende realizar sobre os eucaliptos de toda Galicia dentro do plan  de loita integral para a mellora e productividade destas masas. 



Agardase que esta actividade desa comezo no vindeiro mes de abril, polo que todos os propietarios deste tipo de plantación deben de pasar polo departamento de Medio Ambiente do Concello de Melide para informarse o antes posible. Cada propietario deberá de levar a este departamento o número de parcela, paraxe, polígono e superficie de cada finca plantada con eucalipto asinando a autorización pertinente para que se poida levar a cabo na súa plantación este tratamento. Trátase dun servizo totalmente gratuito para os usuarios. 

xunta de galicia
ministerio de industria, turismo y comercio
feder
deputacion